Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Imserso Instituto de Mayores y Servicios Sociales

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

Está en:  Inicio  >  Envellecemento activo  >  Vacacións  > Requisitos para acceder ó Programa

Requisitos para acceder ó Programa

  • 25 Aniversario Programa de Vacaciones del Imserso. Logotipo
  • vacacionesG-imserso

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ter, como mínimo, 65 anos cumpridos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Pensionistas de viuvez do Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados, en ambos casos, con 60 anos cumpridos.
  • Presentar unha solicitude.

Consideraranse beneficiarios, en calidade de acompañantes, os cónxuxes destas personas, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase coma acompañante a un fillo/a con discapacidade que teña un grao de discapacidade igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberase cubri-lo apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a.

En todo caso, os solicitantes deberanse valer por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se reúne calquera destas condicións e está interesado nesta oferta de viaxes do Imserso, terase que acreditar para obter praza cubrindo a solicitude.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite.