Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Imserso Instituto de Mayores y Servicios Sociales

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

Está en:  Inicio  >  Envellecemento activo  >  Vacacións  > Cómo acreditarse

Cómo acreditarse

Se a pasada tempada estaba acreditado para viaxar, non é necesario que cubra unha nova solicitude, xa que o Imserso se terá posto en contacto con vostede para a renovación de datos.

Se, polo contrario, accede por primeira vez ó Programa de Vacacións ou reanuda a súa participación tras un período inactivo, deberá formaliza-la solicitude, podendo cubrila a través desta páxina web, se ben tamén se distribuíu en Concellos, Delegacións e Subdelegacións de Goberno, centros e oficinas de servizos sociais, etc.

Esta solicitude servirá para obte-la súa acreditación, que lle permitirá acceder ás prazas do Programa de Vacacións e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que nos comunique o contrario.

Unha vez procesadas tódalas solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios coma prazas dispoñibles existan e procederase, en caso necesario, a aplica-la baremación correspondente, relativa á idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.

Aproximadamente no mes de setembro, tódolos solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:

  • Data na que poden obte-los billetes, con garantía de praza, debendo elixi-la súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
  • Para aqueles que, unha vez baremados, non teñan garantía de praza, notificaraselles igualmente a data a partir da cal se poderán dirixir á Axencia de Viaxes por se houbera vacantes para calquera dos destinos ou datas.

Se non se cubren os datos ou se se comproba a falsedade dos mesmos, isto motivará a anulación da solicitude.

Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta, nestes casos, que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas solicitudes.

Suprímese a esixencia de adxunta-la fotocopia do Documento Nacional de Identidade, xunto coa solicitude, con independencia de que o mesmo será esixible no momento da reserva das viaxes e ó comezo dos mesmos.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite.