Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Imserso Instituto de Mayores y Servicios Sociales

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

Está en:  Inicio  >  Envellecemento activo  >  Termalismo  > Como se solicita a praza?

Como se solicita a praza?

Anualmente é publicado no BOE unha ResoluciónAbre nova fiestra da Dirección Xeral do Imserso pola cal se convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo Social. Na devandita Resolución fíxase o número de prazas do Programa, a duración das quendas, o prezo a pagar polos beneficiarios e o lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes.

Se a pasada tempada vostede solicitou unha praza e reunía requisitos para participar no programa, non é preciso que cubra unha nova solicitude, xa que o Imserso, lle enviará por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se, polo contrario, desexa acceder pola primeira vez ao Programa ou volve solicitalo após non telo feito no ano 2010, deberá formalizar unha nova solicitude xunto coa súa declaración sobre o estado de saúde.

A solicitude e a declaración sobre o seu estado de saúde, de acordo co modelo oficial que figura na convocatoria, pódese presentar, persoalmente ou por correo, en:

  • Os Centros de Maiores ou as Direccións Territoriais do Imserso correspondentes ao domicilio habitual do interesado.
  • Nos Órganos que designen as Comunidades Autónomas que asumiron funcións e servizos do Imserso.
  • Os Servizos Centrais do Imserso.

Finalmente, recordámoslle que pode realiza-la tramitación telemática da solicitude a través da sede electrónica do Imserso.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite.